Mañá, sábado 31 de agosto, celebrarase a VII Mostra Folclórica de Lourenzá na praza do Conde Santo. Comezará ás sete da tarde, ao remate da saída dos Cocos.
Na mostra, organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, actuarán a Escola Municipal Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e a Asociación Cultural Río Miño, de Portomarín.
Se as condicións meteorolóxicas o permiten realizarase na praza do Conde Santo, pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón polideportivo municipal.