Novas

Novas do Concello

AS ACTIVIDADES DE NADAL INCLÚEN UN ESPECTÁCULO DE MONICREQUES, A VISITA DE PAPÁ NOEL, UNHA VIAXE A XUVENLUGO E A CABALGATA DE REIS, ENTRE OUTRAS PROPOSTAS

A programación das actividades organizadas polo Concello de Lourenzá para este Nadal arranca este venres, día 18, ás 15:20 horas cunha actuación de Títeres Cascanueces no colexio público Juan Rey.

Xa partir da vindeira semana bota a andar a Escola de Nadal impartida por persoal do Ximnasio Municipal con actividades dirixidas aos máis novos.

O CONCELLO TEN ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O PRIMEIRO PERIODO DO PROGRAMA DE TERMALISMO DE 2016 ATA O VINDEIRO 11 DE XANEIRO

O Concello de Lourenzá informa que todos aquelas persoas interesadas en acudir aos tratamentos termais a través do programa de Termalismo Social subvencionado polo Imserso poden solicitalo a través da traballadora social do Concello. O lugar de presentación de solicitudes é no Centro de Servizos Sociais O Torreón de luns a venres en horario de 9 a 15 horas.

A ALCALDESA CRITICA O RETRASO DA XUNTA NO ARRANXO DE DÚAS PONTES QUE ESTÁN DERRUÍDAS DENDE AS RIADAS DE OUTUBRO DE 2014 NAS PARROQUIAS DE SAN ADRIANO E SANTO TOMÉ

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, critica o retraso da Xunta de Galicia na execución das obras de arranxo de dúas pontes do municipio que están derruídas dende as riadas que houbo en outubro do ano 2014. A rexedora e o concelleiro de Desenvolvemento Rural, Miguel Castrillón, visitaron os lugares afectados nas parroquias de Santo Tomé e San Adriano.

RESULTADOS CARREIRA VALDEPARES "AYUDA HUMANITARIA AL SÁHARA

Onte domingo desprazábanse 4 componentes da sección de atletismo das Escolas Maderas Barcia Lourenzá logrando 2 títulos:

Benxamín Feminino: Iria Rguez.

Infantil Feminino: Ainara Rguez.

Ademáis, en infantil masculino Aleix Díaz (subcampión) e na categoría alevín Brais Díaz 4º clasificado.

Ainara Rguez, unha das mellores embaixadoras das Escolas Lourenzá. 21 Triunfos en Carreiras Populares no 2015

Acaba un histórico 2015 para Ainara Rodríguez. Cos seus 12 anos recén cumpridos, esta atleta de categoría infantil das Escolas deslumbrou este ano vencendo en 21 probas populares e máis de 7 probas federadas cando está a piques de rematar o 2015. E este número podería aumentar porque lle quedan un par de probas no calendario (Figueras, San Silvestre Ribadeo....).

Unhos atletas TODOTERRENO: Carmen López Diniz vence no duatlon de Viveiro. Genito, subcampión e Valeria Álvarez, bronce

Fantástica actuación de novo dos atletas das Escolas Lourenzá que debutaban participando este pasado domingo no duatlón de Viveiro; nunha proba que alternaban carreira, bici e de novo carreira.

Carmen López Diniz vencía na categoría xuvenil feminina con absoluta autoridade mentres o seu compañeiro Genito Pérez Goás remataba sucampión na categoría xuvenil masculina. Actuación sobresaínte tamén de Valeria Álvarez cun bronce na categoría alevín.

Distribuir contido