Novas

Novas do Concello

PABLO MASEDA E XAVIER VALORÍA FIRMARON O PASADO VENRES UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE AS ESCOLAS E O TOXIZA CLUBE MONTAÑA

Un novo clube que naceu fai moi pouco en Lourenzá especializado na alta montaña colaborará coas Escolas Deportivas. O pasado venres día 25 de setembro os presidentes de ambos clubs firmaron un acordo de colaboración. O máis significativo do mesmo é que o Clube Toxiza levará o nome das Ed Lourenzá na equipación nas probas en que participe; ademáis de colaboración mutua en eventos, cesión de espacios para xuntanzas, .....

O Morangrupo Lourenzá, CAMPIÓN do TORNEO NACIONAL DE PIÉLAGOS (CANTABRIA). PALOMA DORDA, MVP

O fin de semana de aclimatación  do adestrador Pablo Castro ó equipo sentoulle moi ben. O equipo de nacional venceu no Torneo Cuadrangular disputado en terras cántabras, máis concretamente en Piélagos. Ganábamos no primeiro encontro ó Unamuno(71/55), ó Tirso(72/59) e por último nun encontro máis igualado ó Ausarta (55/48). A capitana Marta García levantaba un novo trofeo para as nosas vitrinas e Paloma Dorda era recoñecida como a xogadora máis valiosa do torneo. Noraboa!!!

O Morangrupo Lourenzá concéntrase en Cantabria ás ordes de Pablo Castro nun torneo de pretemporada

O Morangrupo Lourenzá concéntrase este fin de semana disputando un torneo en terras cántabras. Pablo Castro poderá así coñecer máis de preto a plantilla que ilusionará unha temporada máis. En principio podemos adiantar que 4 xogadoras serán as vinculadas que participen en Liga Feminina co Ensino e en Nacional con nós: Andrea Viador, Andrea Fdez, Paloma Dorda e Xiana Fdez.

Mañá venres día 25 DE SETEMBRO, ás 19:00 horas no Campo de fútbol de Sta. Cruz. en Lourenzá presentase en roda de prensa a VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS

A carreira será o vindeiro sábado 3 de outubro enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá ás 16:30 horas para categorías menores e ás 17:30 horas para cadetes, juniors e séniors(percorrido de 7 e 14 kilómetros)

Estarán presentes,

- D. Manuel Arango Ron (Primer teniente de Alcalde do Concello de Lourenzá)

- D. Manuel Otero Méndez (Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia)

E.D. Lourenzá e Mondoñedo C.F. firman un convenio de vinculación nas categorías de fútbol base!!!

No día de hoxe Pablo Maseda presidente das E.D. Lourenzá así como Manuel Barreira presidente do Mondoñedo CF firmaron un convenio de colaboración entre ambas entidades beneficioso para as categorías de base de Lourenzá e Mondoñedo. Ademáis da xa anunciada unión nas categorías federadas infantil e cadete que xa están competindo, este acordo supón tamén a unión para os máis pequenos nas categorías de fútbol 8 benxamín e fútbol 8 alevín.

PRESENTOUSE HOXE O CARTEL DA XXV FESTA DA FABA, OBRA DO ARTISTA ALFOCENSE HIPÓLITO XEADA. O FESTEXO, QUE SE CELEBRARÁ DO 2 AO 4 DE OUTUBRO, SERÁ PREGOADO POLOS LAURENTINOS XOSÉ LÓPEZ GONZÁLEZ E JOSE MARÍA GARCÍA FERNÁNDEZ

O cartel da XXV edición da Festa da Faba de Lourenzá, obra do artista alfocense Hipólixo Xeada, foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o edil de Festas, Francisco Dasilva Rivas. O festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro, será pregoado polos laurentinos Xosé López González e José María García Fernández. Ademais o goberno local anunciou hoxe que o primeiro mercado semanal de venta de fabas desta tempada desenvolverase o vindeiro domingo, día 27.

A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU UN REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, O QUE PERMITIRÁ QUE OS VECIÑOS TEÑAN VOZ NOS PLENOS

A corporación municipal de Lourenzá aprobou un regulamento de participación cidadá na sesión ordinaria celebrada onte, xoves. Isto permitirá que os veciños teñan voz nos plenos, segundo destacou a alcaldesa, Rocío López.

A rexedora explicou que “o máis importante deste regulamento é a creación de comisións veciñais en todas as parroquias e normas de funcionamento das asembleas veciñais. Tamén recolle a creación dun rexistro municipal de asociacións e as liñas básicas da información municipal”.

Habemus adestrador de Nacional: Pablo Castro Rodríguez "Poni", flamante novo adestrador do Morangrupo Lourenzá. Jaime Capella Bouza, novo preparador físico!!!

Acábase de firmar o acordo co novo adestrador do equipo de Nacional, un vello coñecido da parroquia laurentina.

O adestrador focense Pablo Castro, que comenzara os seus periplos como adestrador nas temporada 2008/09 e seguira na 2009/10  co equipo cadete de basket das escolas en Liga Galega volve ás súas orixes e nin máis nin menos que en Categoría Nacional. 

Distribuir contido