Noticias

O Concello fará un esforzo económico para manter o técnico local de emprego. "É un servizo moi importante polo aumento do desemprego na zona", explicou a Alcaldesa

Lourenzá, 2 de novembro de 2012. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá aprobou pedir unha subvención para contratar un ano máis ao técnico de emprego, coñecido como ADL. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “apostamos así por continuar con este servizo que damos á cidadanía, sobre todo nunha época como a actual na que hai moita falta de emprego, hai moita xente no paro”.

A novena edición do taller de memoria, que empeza o vindeiro martes, terá 46 participantes. A novidade deste curso será un club de lectura

Lourenzá, 1 de novembro de 2012. Os participantes na próxima edición do taller de memoria do Concello de Lourenzá mantiveron unha xuntanza para ultimar os preparativos da actividade, reunión na que estivo a alcaldesa, Emma Álvarez, quen explicou que xa é a novena edición desta iniciativa que nesta ocasión conta con 46 alumnos, que “van participar deste taller desde este mes de novembro ata xuño. Están repartidos en tres grupos que se fan tendo en conta as idades dos participantes.

As oficinas dos servizos municipais ampliarán os seus horarios a partir do 2 de novembro para mellorar a atención aos veciños. Anunciouno a Alcaldesa, Emma Álvarez

Lourenzá, 26 de outubro de 2012. A partir do vindeiro venres, día 2 de novembro, as oficinas do Concello de Lourenzá ampliarán os seus horarios. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “co ánimo de achegar a administración local aos nosos veciños e ampliar os servizos que dende o Concello lles ofrecemos decidimos ampliar o horario de apertura ao público de distintas oficinas vinculadas a trámites administrativos”.