Noticias
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A VENDA DE PARCELAS DA 2ª FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ
A charla informativa terá lugar o vindeiro mércores día 17 de Febreiro a partir das 20:00 horas no Salón de Actos do Concello.
Lourenzá, 13 de Febreiro do 2010.- Con motivo da recente publicación no DOG do día 2 de febreiro do anuncio do concurso da venda de parcelas da 2ª fase no parque empresarial de Lourenzá o Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa para dar a coñecer o Prego das bases que rexerá este concurso.