O Concello creou contas nas redes sociais Facebook e Twitter e ofrece as asociacións locais espazos na páxina web municipal para achegar as novas tecnoloxías aos veciños
Lourenzá, 13 de novembro de 2012. O Concello de Lourenzá acaba de poñer en marcha contas institucionais nas redes sociais facebook e twitter, ás que se pode acceder a través da páxina web municipal na que tamén haberá espazos para as asociacións locais.