O SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL A CARGO DA COMPAÑÍA RAIOLAS, DE ALFOZ. A CONCELLEIRA DE CULTURA AGARDA QUE O LOCAL ESTEA ABARROTADO DE PÚBLICO, COMO NA ANTERIOR OBRA
Lourenzá, 11 de novembro de 2013. O salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá acollerá este vindeiro sábado, día 16 de novembro, unha representación teatral a cargo da compañía Raiolas, de Alfoz. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, agarda que o local estea abarrotado de público, como ocorreu na anterior obra, que houbo este pasado sábado.