Novas

Novas do Concello

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ENCHEUSE DE PÚBLICO ONTE NA CHARLA DO CARDIÓLOGO RAMÓN RÍOS SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá encheuse de público onte con motivo da charla sobre o infarto de miocardio ofrecida polo cardiólogo Ramón Ríos, que traballa no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde é membro do equipo do doutor Carlos Juanatey. Este evento foi organizado polo Concello de Lourenzá, concretamente dende a Concellería de Servizos Sociais que dirixe Mercedes Dengra, en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti.

Ainara e Iria Rguez. conquistan Padrón na súa XVI Popular

Non hai carreira que se lles resista. O pasado sábado as atletas do Maderas Barcia viaxaban á prestixiosa popular de Padrón onde impoñían a súa lei na categoría benxamín Iria e na infantil Ainara; nunha carreira onde participaron máis de 1500 atletas.

En Infantil Feminino Ainara Rguez. gañaba por diante dunha das sensacións da temporada pasada Deki Mato do Millaraio de Santiago e de Noelia Castro tamén do Millaraio.

O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS. SERÁ O VINDEIRO LUNS ÁS 16 HORAS

O Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa sobre as axudas para os investimentos nas explotacións agrícolas convocadas para este ano 2016. Será impartida por José Manuel Fernández Fente, xefe de área dos servizos agrarios da Mariña, e terá lugar no salón de actos da Casa do Concello o vindeiro luns, 22 de febreiro, ás 16 horas.

O EQUIPO XUVENIL DE RELEVOS, SUBCAMPIÓN GALEGO DE CROS EN RIBADAVIA!!!

De noraboa están os 4 xuvenís do Maderas Barcia Lourenzá que participaron o pasado sábado en Ribadavia no I Campionato Galego Xuvenil de Relevos en Ribadavia(Ourense). Os 4 compoñentes farían cada un percorrido de 2 kilómetros para completar un total de 8. Relevo 1: PABLO IRIMIA REGA ‐ Relevo 2: CARMEN LÓPEZ DINIZ ‐ Relevo 3: LUÍS LÓPEZ PÉREZ ‐ Relevo 4: XANA RGUEZ. GARCÍA; invirtindo un total de 33 minutos e 15 segundos, a 3 do gañador Val Miñor con 30:16. NORABOA!!!

Excelentes resultados das Balas do Maderas Barcia no Cros do Fluvial. Victorias para Iria e Ainara Rguez, prata para Henar Méndez e bronce para Diana Lastra e Claudia Graña

Este pasado domingo participaban as balas das Escolas no Cros de Menores do Fluvial de Lugo e ó mesmo tempo cto. provincial de campo a través xuvenil; cos seguintes resultados:

Benxamín Feminino:

1.- Iria Rguez.

2.- Henar Méndez.

Benxamín Masculino:

4.- Aarón Millares

6.- Xabi Sordo

Alevín Feminino:

3.- Diana Lastra

4.- Carmen García

10.- Cecilia Gómez

Alevín Masculino:

4.- Ian Méndez

Infantil Feminino:

1.- Ainara Rguez.

4.- Carme Alonso

6.- Hiba Bouyzar

7.- Marta Alonso

Distribuir contido