Últimas Novas das Escolas Deportivas

O equipo benxamín feminino, subcampión da Liga Galega Federada Autonómica Norte!!!

O pasado sábado as Atletas do Maderas Barcia participaban na Liga Galega Federada Norte (Coruña e Lugo) cos equipos benxamín, alevín e infantil. Ó mesmo tempo en Ourense xogábase a Liga Sur. Os dous primeiros equipos clasificanse para a Final Galega que será nas vindeiras datas en Riazor.

A sorpresa caía do lado do equipo benxamín, que lograba o subcampionato e o acceso á final galega.

RESULTADOS BENXAMÍN:

50 lisos:

Unha estratosférica Iria Rguez. remata como 6ª mellor nacional mentres a súa Irmá Ainara facía un carreirón coa 17ª posición na categoría Infantil

O pasado domingo Iria e Ainara vivían unha gran experiencia participando por primeira vez no Cros Internacional de Atapuerca, en Burgos.

Iria Rguez. sorprendía a todos sendo a 6ª clasificada (1ª galega) nunha carreira de 800 metros no que invertía 3,33; a un ritmo de 4,26 promedio kilómetro.

Pola súa parte a archicoñecida Ainara Rguez., a pesar de arrastrar molestias nun pé, competía de forma sensacional no medio de máis de 250 participantes rematando no posto 17º con un tempo de 3,22.