Novas

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE A MOSTRA A MEMORIA DO SON DO 3 AO 18 DESTE MES

Este xoves, 3 de marzo, ás 12:30 horas inaugúrase a exposición A memoria do son no Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Ao lado de cada instrumento aparece un código QR que ofrece a oportunidade de escoitar os sons de cada instrumento. Tamén se expón un salterio que os visitantes poderán manipular para escoitar o seu son en directo”.