O MULTIUSOS PONTE DE CUÑAS ACOLLE UN EVENTO PARA CONMEMORAR O 111 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE FERNÁNDEZ DEL RIEGO ESTE DOMINGO, 7 DE XANEIRO.
Lourenzá, 4 de xaneiro de 2024. Este domingo, día 7 de xaneiro, coincidindo co 111 aniversario do seu nacemento, péchanse oficialmente as actividades do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Será no Multiusos Ponte de Cuñas ás 18:30 horas.