Os accesos a sete núcleos rurais serán mellorados cun investimento de 28.400 euros
Lourenzá, 23 de novembro de 2012. A xunta de goberno local do Concello de Lourenzá aprobou a execución de obras por importe de 28.411 euros para acometer a mellora de accesos a varios núcleos do concello: A Gracia, Recimil, Bordón, Pedrón, Tilleira, Ramalledo e Painzás.