Novas

A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE SANEAMENTO DO NÚCLEO RURAL DE REQUEIXO, NO CONCELLO DE LOURENZÁ, POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 304.000 EUROS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudica hoxe as obras de saneamento do núcleo rural de Requeixo, no Concello de Lourenzá, por un importe de 304.758 euros.

A Xunta vén de adxudicar estas actuacións á UTE-Construcciones Presa Ibañez, S.L. & Construcciones Porlan, S.L.. As obras proxectadas iniciaranse no mes de xuño e está previsto o seu remate ao longo deste ano.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE A VENTA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS PARA RECUPERAR O MERCADO DAS PRAZAS QUE SE CELEBRABA OS DOMINGOS

O Concello de Lourenzá organiza unha charla sobre a venta directa de produtos primarios para o día 9 deste mes, xoves, ás 20 horas no salón de actos municipal. Correrá a cargo da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa, e será un paso máis cara a recuperación do Mercado das Prazas, que se celebraba en Vilanova de Lourenzá os domingos e que deixou de facerse hai catro décadas.

ANA VALLINES, ATLETA INFANTIL DAS ESCOLAS ESTIVO PRESENTE EN DÚAS CARREIRAS O PASADO FIN DE SEMANA E LOGRABA IMPOÑERSE EN AMBAS

O Sábado pasado participaba na prestixiosa carreira popular Torre de Hércules en Coruña pertencente ó Circuito de Carreiras Populares "Coruña Corre" obtendo un novo trofeo cunha nova victoria, impoñéndose con un tempo de 5:44 a un ritmo de 3:35 o Kilómetro.

E un día despois participaba no Cross de Oviñana (Asturias) onde se anotaba un novo título por diante de atletas de gran nivel asturianas.