Novas

AS XOGADORAS DE BASKET DAS ESCOLAS GANAN O TORNEO DE NADAL DO ENSINO

Mencía Martínez-Sierra, Rebeca López e Carla Díaz estiveron xogando os torneos de Nadal do Ensino Lugo.

Mencía e Rebeca co equipo Combinado Lucense alevín proclamáronse campionas vencendo ós conxuntos de Ensino, Mercedarias Ferrol e Pío XII de Santiago.

Ademáis, Carla Díaz proclamábase campiona tamén formando parte do Ensino de Lugo na categoría cadete.

DOBRE ÉXITO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS NA DOBRE CITA QUE AFRONTABAN COMPETINDO POLA MAÑÁ NA CORRE POLO NADAL EN VIVEIRO E POLA TARDE/NOITE NA S. SILVESTRE VEIGUEÑA

RESULTADOS VIVEIRO: 9 TÍTULOS E 20 PÓDIUMS. MARTÍN PARDIÑAS GANA ADEMÁIS A CARREIRA ABSOLUTA.

 

PITUFOS.

1.- Marcos Graña

PREBX. FEMININO

1.- Henar Méndez

BENXAMÍN FEMININO

1.- Diana Lastra

2.- Carmen García

3.- Iria Rguez.

BENXAMÍN MASCULINO

2.- Ian Méndez

3.- David Martínez

ALEVÍN FEMININO

1.- Carme Alonso

3.- Marta Alonso

ALEVÍN MASCULINO

2.- Hugo Villalba

INFANTIL FEMININO

1.- AINARA RGUEZ.

2.- CLAUDIA GRAÑA

INFANTIL MASCULINO

2.- VÍCTOR LÓPEZ

A PROGRAMACIÓN DE NADAL DO CONCELLO EMPEZA MAÑÁ, MARTES, COA VISITA DE PAPÁ NOEL E CONTINUARÁ ATA O 5 DE XANEIRO, CANDO SE CELEBRARÁ A CABALGATA DOS REIS MAGOS

A Concellería de Educación e Cultura de Lourenzá acaba de presentar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos. Entre os actos máis importantes destacan: a visita de Papá Noel á vila mañá, martes, 23 de decembro; a realización de diferentes obradoiros de xogos no Ximnasio Multiusos, os días 22, 23, 26, 29 e 30; a actuación de Cantos de Nadal, o domingo 28 de decembro na Igrexa de Santa María de Valdeflores; e a petición do aguinaldo por parte dos nenos laurentinos, o luns 2 de xaneiro, nos diferentes comercios e domicilios particulares da vila.