AS ESCOLAS FAN HISTORIA NO PRESTIXIOSO TORNEO INTERNACIONAL DE LUARCA CUN CAMPIONATO E UN SUBCAMPIONATO
Dende o pasado venres ata o domingo estiveron os equipos das Escolas Lourenzá Mondoñedo (Benxamín, Alevín, Infantil A, Infantil B e Cadete) disputando o prestixioso Torneo Internacional de Luarca de fútbol sala base.
Os alevíns e infantís chegarían a disputar a gran final, mentres que os benxamíns, infantil a e cadete caían na fase de grupos.