Novas

AS RÚAS AVENIDA DE MONDOÑEDO, AVENIDA DO VAL E TRAVESÍA DA MARIÑA ESTARÁN CORTADAS AO TRÁFICO O VINDEIRO LUNS, 5 DE MAIO, DE 8 A 15 HORAS POLAS OBRAS DE ARRANXO DUN PASO DE PEÓNS

As rúas avenida de Mondoñedo, Avenida do Val e Travesía da Mariña, de Vilanova de Lourenzá, estarán cortadas ao tráfico o vindeiro luns, 5 de maio, de 8 a 15 horas con motivo das obras de arranxo dun paso de peóns na Travesía da Mariña.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, deuno a coñecer a través dun bando, no que tamén anuncia que ese día a parada de autobuses estará situada no cruce das rúas Travesía da Mariña e Calvo Sotelo, xunto ao Bar Cabaleiros.

O BO TEMPO AXUDOU PARA QUE A FESTA DO MAIO CONTARA CON MOITA AFLUENCIA DE PÚBLICO

As boas condicións meteorolóxicas axudaron para que a Festa do Maio celebrada onte en Vilanova de Lourenzá contara con moita afluencia de público.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, agradeceu “a colaboración desinteresada dos veciños que participaron o mércores na ornamentación do Maio e o carro e onte agasallando con lambetadas aos nenos e nenas que acompañaban o desfile. Tamén aos membros da Escola Municipal de Música e Danza Osorio Gutiérrez, que animaron o percorrido coa súa música e cantos”.

LOURENZÁ, SEDE OFICIAL DO PLAY OFF POR UNHA PRAZA PARA DISPUTAR O ASCENSO Á LIGA FEMININA

Os vindeiros 10 e 11 de Maio disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá o Play Off de Ascenso para buscar unha praza entre os equipos clasificados do 2º ó 5º que dispute o Ascenso a Nacional xunto co Universidade de Salamanca.
O sábado 10 de maio serán as semifinais ás 17:00 e 19:00 horas.
O domingo 11 de mario será a final ás 12:30 horas e o 3º/4º posto ás 10:30 horas.
Tan pronto teñamos o luns os emparexamentos serán publicados!!!

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ DISFRUTOU DUNHA INTERESANTE RUTA A FIN DE SEMANA

Este pasado sábado día 27 a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá viaxou ata o Concello de Riveira para disfrutar da Ruta do Faro. A ruta discorreu dende o Dolmen de Axeitos ata o Faro de Corrubedo un percorrido duns 12 km cunhas vistas espectaculares, unha combinación de monte e mar que permite disfrutar da natureza no seu estado máis puro. Logo de repoñer forzas nun restaurante da zona, subimos ata a Pedra da Ra para volver a disfrutar doutras espectaculares vistas.