Novas

A COMISIÓN FORMADA POR REPRESENTANTES VECIÑAIS E POLÍTICOS ELIXIU O ESCUDO DO CONCELLO, QUE INCLUIRÁ UN BÁCULO, UN VELO ABACIAL, UNHAS ESPIGAS E UNHAS VIEIRAS

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “na tarde de onte mantivemos unha xuntanza da comisión de seguimento para a creación do escudo e da bandeira que represente ao Concello de Lourenzá. Nesta reunión estiveron presentes Eduardo Pardo de Guevara, que é o vicepresidente da Comisión Heráldica e a maiores é o delegado do CSIC en Galicia e director do Instituto Padre Sarmiento; Alberto Pazos, que é o director xeral de Administración Local e presidente da Comisión Heráldica de Galicia; e tamén Pablo Otero, que é vocal da mesma comisión.