Novas

O XIMNASIO MULTIUSOS MUNICIPAL REABRIU HOXE CON NOVA XERENCIA E INSTALACIÓNS RENOVADAS

O ximnasio multiusos municipal de Lourenzá reabriu hoxe con nova xerencia e instalacións renovadas.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, recordou que o ximnasio “foi adxudicado a finais de febreiro á firma laurentina Ana Sport” e explicou que “estará xestionado por Brenan Rivas Terrón e Alicia Vázquez Beltrán, que teñen formación específica de monitor deportivo ademais de cursos de masaxistas”.

A RUTA LITERARIA DEDICADA A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO CONVERTERASE EN PERMANENTE CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA. A ALCALDESA, EMMA ÁLVAREZ, PRESENTOULLE O PROXECTO AO SECRETARIO XERAL DE CULTURA, ANXO LORENZO

O Concello de Lourenzá contará co apoio da Xunta de Galicia para converter en permanente a ruta literaria dedicada a Francisco Fernández del Riego, que se fixo por primeira vez o ano pasado. Este proxecto foi presentado pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a quen lle pareceu unha iniciativa interesante.