Novas
A PRAZA DO CONCELLO ACOLLEU HOXE UNHA CONCENTRACIÓN EN APOIO E SOLIDARIEDADE CO POBO UCRAÍNO.
Lourenzá, 9 de marzo de 2022. A Praza do Concello de Lourenzá acolleu hoxe, mércores, unha concentración en apoio e solidariedade co pobo ucraíno.
No acto participaron a alcaldesa, Rocío López, os concelleiros Javier Huertas e Manuel Arango, persoal municipal e outros veciños e veciñas de Lourenzá.
O CONCELLO CONMEMORA O DÍA DA MULLER CUNHA ANDAINA E UN CAFÉ COLOQUIO O VINDEIRO MARTES, 8 DE MARZO
O Concello de Lourenzá conmemorará o Día da Muller cunha andaina e un café coloquio, actividades que se celebrarán o vindeiro martes, 8 de marzo.
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL APROBOU A SOLICITUDE DE LICENZA PRESENTADA POLA XUNTA PARA RESTAURAR A IGREXA DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR
O Concello de Lourenzá ven de aprobar na xunta de goberno local a solicitude de licenza presentada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, para a realización de traballos consistentes na restauración da igrexa do Mosteiro de San Salvador.
A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE A MOSTRA A MEMORIA DO SON DO 3 AO 18 DESTE MES
Este xoves, 3 de marzo, ás 12:30 horas inaugúrase a exposición A memoria do son no Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Ao lado de cada instrumento aparece un código QR que ofrece a oportunidade de escoitar os sons de cada instrumento. Tamén se expón un salterio que os visitantes poderán manipular para escoitar o seu son en directo”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »