Novas

AINARA RODRÍGUEZ, NOVO RÉCORD GALEGO DE ATLETISMO

Ainara Rguez. accede ó palmarés da Federación Galega de Atletismo como mellor marca  na velocidade galega dos 60 lisos en pista cuberta realizado o pasado 22 de febreiro na Copa Deputación en Lugo. A marca rexistrada é de 9 segundos 17 centésimas.

A SECCIÓN DE ATLETISMO DESPRÁZASE Á PROBA DO CARAMIÑAL

O vindeiro sábado día 8 de marzo a sección de atletismo desprazarase á Pobra do Caramiñal para participar no Cto. Galego de Campo a través.

 Estarán os equipos alevín feminino, alevín masculino, cadete feminino e Aarón Rivas formando parte do equipo cadete masculino da AD A Mariña.

NO DÍA DE ONTE 50 VECIÑOS DO CONCELLO DE LOURENZÁ VIAXARON Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE FUENTES DE INVIERNO PARA DISFRUTAR DUNHA XORNADA DE NEVE E DE ESQUÍ

A saída tivo ligar ás 7:00 horas dende Lourenzá chegando á estación ó redor das 10:30. A partir das 11:30 e en grupos reducidos os participantes nesta excursión recibiron clases de esquí durante 3 horas con monitores especializados. Logo de repoñer forzas ó mediodía, pola tarde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos durante a xornada de mañá, para emprender o regreso ás 17:30 horas. Todos disfrutaron desta nova experiencia e xa pensan en repetir no sucesivo unha nova saída para disfrutar deste deporte.

O CONCELLO RENOVOU O CONVENIO COA ASOCIACIÓN CULTURAL OSORIO GUTIÉRREZ PARA A XESTIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA, QUE ACTUALMENTE TEN 30 ALUMNOS

Lourenzá, 4 de marzo de 2014. O Concello de Lourenzá renovou o convenio coa a asociación cultural Osorio Gutiérrez para a xestión da escola municipal de música e danza, que actualmente ten 30 alumnos.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou a firma “dun novo convenio de colaboración entre o Concello de Lourenzá e a asociación cultural Osorio Gutiérrez para a xestión da escola municipal de música e danza. En nome da asociación asinou a súa presidenta, María José Freire García”.