CON MOTIVO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O CONCELLO DE LOURENZÁ ORGANIZA EN DECEMBRO UN ESPECTÁCULO DA ARTISTA SUE MORENO E UN CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES
Con motivo da conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, o Concello de Lourenzá organiza dúas actividades: un espectáculo da artista Sue Moreno, previsto para o 3 de decembro, e un curso de autodefensa para mulleres, que será o día 15 do mesmo mes.