O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ O 5 DE ABRIL UNHA CONFERENCIA SOBRE O ADORNO PREHISTÓRICO E AS XOIAS ÁUREAS NA ANTIGA GALLAECIA E INAUGURARASE UNHA EXPOSICIÓN DE OURIVERÍA DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, 5 de abril, unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García. Será ás seis da tarde e a continuación da charla inaugurarase unha exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial, que estará aberta na sala de exposicións municipal ata o 2 de maio e poderá visitarse de luns a venres en horario de cinco a oito da tarde.