Un arquitecto da Xunta visitará Lourenzá en xaneiro para proxectar a creación dun campo de fútbol que se destinará ao adestramento dos equipos que hai no municipio
Lourenzá, 20 de decembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse esta mañá en Santiago co secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, para analizar a construción dun campo de fútbol para adestramento dos equipos que hai no municipio. Esa instalación será de herba natural, en vez da sintética que estaba prevista inicialmente e que agora se descarta debido ao seu elevado custo. Para preparar o proxecto un arquitecto da Xunta desprazarase a Lourenzá no vindeiro mes de xaneiro.