Novas

O XURADO DO V CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ DEU A COÑECER OS NOMINADOS AOS PREMIOS

O xurado da quinta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá -formado por Isabel Vilalba, Fina González, Javier Huertas, María Cruz Valea, Miguel Gavín, María José López e Manuel Arango- deu a coñecer os nominados nas distintas categorías de premios.

Para o premio Conde Santo á mellor representación os elixidos son: Arte, de Hipócrita Teatro; Pan con chocolate, de Ollomao; e Os veciños do lado, de Fauna 113.

O 4 DE NOVEMBRO COMEZA O V CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ NO MULTIUSOS PONTE DE CUÑAS

O día 4 de novembro, sábado, ás 20:00 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o sábado 4 de novembro dará comezo o V Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o concurso o grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, coa obra Arte, e rematará o 16 de decembro coa gala de entrega de premios, que incluirá a representación da obra Anacos, de Ítaca Teatro”.

A TERCEIRA FEIRA DO CABALO EN LOURENZÁ CELEBRARASE O DOMINGO 29 DE OUTUBRO

A terceira edición da Feira do Cabalo en Lourenzá, que terá lugar o domingo 29 outubro desde as oito e media da mañá, foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e por representantes da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e do colectivo Cabaleiros de Lourenzá, creado recentemente.