A Casa do Concello acollerá este xoves unha charla informativa sobre a área sanitaria integrada a cargo do xerente do Hospital da Costa, Francisco Soriano
Lourenzá, 15 de abril de 2013. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este xoves, día 18 de abril, ás oito da tarde unha charla informativa sobre a área de xestión integrada na sanidade, que correrá a cargo do xerente do Hospital da Costa, Francisco Soriano Paredes.