No día de onte naceu unha nova asociación no municipio de Lourenzá. Promovida polo Concello e as Escolas Deportivas, no Salón de Actos do Concello tivo unha xuntanza onde se constituíu a "Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá".
A directiva queda formada por Miguel Ángel Gavín Sánchez (Presidente), Fabián Reino López (secretario), Mª Fé Fernández Otero (tesorera), Emilio López González (vocal), Leonor García García (vocal), Pura Álvarez Rico (vocal) e José Cuadrado Oural (vocal).
O grupo parte xa con un número de 30 socios que se pensa ir ampliando nas próximas xuntanzas. A seguinte está convocada xa para o día 29 de Abril ás 21:00 horas no Salón de Actos do Concello. Todos aqueles que querades participar nesta nova iniciativa saudable podedes asistir á mesma!!!
Agora o principal obxectivo da nova directiva constituida será a de elaborar a programación anual unha vez teña superados todos os trámites administrativos.