Novas

A PROGRAMACIÓN DA XXXII FESTA DA FABA DE LOURENZÁ INCLÚE DO 4 AO 6 DE OUTUBRO ACTIVIDADES COMO DEGUSTACIÓNS E VENDA DE FABAS, ARTESANÍA, SHOWCOOKINGS, CATA DE VIÑO, CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E ACTUACIÓNS MUSICAIS.

Lourenzá, 23 de setembro de 2024. A programación da XXXII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.

A VECIÑA DA CAZOLGA JOSEFA PARDEIRO GONZÁLEZ CELEBROU O SEU CENTENARIO ACOMPAÑADA DA SÚA FAMILIA

A veciña do barrio laurentino da Cazolga Josefa Pardeiro González celebrou que cumpriu 100 anos na súa casa, acompañada de 40 persoas da súa familia. Ten 4 fillos, 4 netos, 6 bisnetos e 5 irmáns vivos dos 9 que foron.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que “foi un día inesquecible para ela, xornada na que xuntou a todos os seus achegados. Josefa vive na Cazolga cun fillo e goza de moi boa saúde e memoria”.