Novas

A mellora de viais cun investimento de 54.987 euros do PEIM está a punto de rematar. A maioría das obras xa están executadas, segundo anunciou hoxe o concelleiro Dino Vidal

Lourenzá, 16 de novembro de 2012. O Concello de Lourenzá está levando a cabo obras para mellorar viais en varias parroquias do municipio. O investimento total destas actuacións ascende a 54.987 euros con cargo ao plan PEIM e están a punto de rematar. O concelleiro de Obras, Dino Vidal, está supervisando a execución dos traballos e explicou que “se están levando a cabo asfaltados, reparacións e limpeza de cunetas”.

Recollido un can abandoado

Operarios do Concello de Lourenzá recolleron un can que se atopaba abandoado polas rúas da localidade. O animal atópase en dependencias municipais á espera de que o seu dono o recolla ou en caso contrario se queira facer cargo del calqueroutra persoa que estea disposta a acollelo e coidalo.

A Axencia de Extensión Agraria organiza unha reunión para informar a gandeiros e produtores de faba da comarca sobre á recuperación dos envases de productos fitosanitarios

Lourenzá, 13 de novembro de 2012. O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá este venres, día 16 de novembro, ás cinco da tarde unha reunión con gandeiros e produtores de faba de toda a comarca para informarlles sobre os requisitos que esixe a PAC para o cobro das subvencións anuais no referido á recuperación dos envases baleiros de produtos fitosanitarios . O acto está organizado pola Axencia de Extensión Agraria.