Novas
A ALCALDESA OFRECE MAÑÁ, SÁBADO, UNHA RECEPCIÓN AOS AVENTUREIROS QUE FORON DESDE LOURENZÁ A NORUEGA EN VEHÍCULOS CLÁSICOS.
Lourenzá, 8 de xullo de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200. O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.
O ALUMNADO DO TALLER DE MEMORIA E OUTROS VECIÑ@S DE LOURENZÁ PARTICIPARON NUNHA EXCURSIÓN A FERROL.
Lourenzá, 1 de xullo de 2022. O alumnado do Taller de Memoria do Concello de Lourenzá e outros veciños e veciñas do municipio participaron nunha excursión a Ferrol, que tivo lugar onte, xoves.
CONCLÚEN AS OBRAS PARA CREAR UN LOCAL MULTIUSOS NA NAVE DO RECINTO FEIRAL DE VILANOVA.
Lourenzá, 29 de xuño de 2022. Conclúen as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral de Vilanova de Lourenzá para crear un local multiusos. A contía desta actuación é de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de tesourería.
A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA O IV CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO, QUE SE DESENVOLVERÁ EN NOVEMBRO E DECEMBRO.
Lourenzá, 29 de xuño de 2022. A Concellería de Cultura convoca a cuarta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante os meses de novembro e decembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »