O ALUMNADO DO TALLER DE MEMORIA E OUTROS VECIÑ@S DE LOURENZÁ PARTICIPARON NUNHA EXCURSIÓN A FERROL.

Lourenzá, 1 de xullo de 2022. O alumnado do Taller de Memoria do Concello de Lourenzá e outros veciños e veciñas do municipio participaron nunha excursión a Ferrol, que tivo lugar onte, xoves.

Nesta actividade, que foi organizada polo departamento municipal de Servizos Sociais laurentino, tamén participou a alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra, que comentaron que “foi unha xornada gratificante co alumando do taller de memoria. Nesta viaxe turística disfrutamos dun percorrido pola historia e o patrimonio natural e arquitectónico de Ferrol. É unha boa iniciativa para coñecer e achegarnos de preto aos recursos doutras localidades tan próximas pero moitas veces descoñecidas para nós”.