O CONCELLO REDUCIU O PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES E APROBOU A BAIXADA NUN 0,5 POR CENTO NA TAXA DO SERVIZO DE SUBMINISTRO DE AUGA
O Concello de Lourenzá reduciu o período medio de pago a provedores ata os 23,67 días e baixa nun 0,5 por cento a taxa do servizo de subministro de auga. Estes asuntos abordáronse no pleno da corporación municipal celebrado hoxe.