CONFIGURACIÓN DO GRUPO NORTE DE 1ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA E CALENDARIO
Finalizado o prazo de inscrición, o grupo norte da 1ª División Nacional Feminina establécese cos seguintes 14 equipos por Comunidades:
Finalizado o prazo de inscrición, o grupo norte da 1ª División Nacional Feminina establécese cos seguintes 14 equipos por Comunidades:
O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe a Ardebullo, as Canteiras Mucha e Nucha invítannos á súa casa, a Casa da Conexa; asistindo de público á grabación dun dos seus programas o vindeiro mércores 30 de Xullo.
Se conseguimos encher un autobús grande, 45-55 persoas, Mucha e Nucha págannos o bus, polo contrario, teremos que asumir entre todos o coste do bus.
O prazo para apuntarse remata o vindeiro mércores 23, chamando ao teléfono 982121006 (Pepe).
Lourenzá, 16 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe ao parque acuático de Cerceda para o día 8 de agosto, venres. A actividade está dirixida a nenos e nenas de máis de seis anos e as inscricións poden levarse a cabo ata o día 1 de agosto na Casa do Concello en horario de mañá e na Biblioteca Municipal en horario de tarde.
O Concello de Lourenzá facilitará aos veciños que soliciten licencias de obras municipais un listado de técnicos que poden elaborar a documentación necesaria para tramitar esa petición. Os arquitectos ou enxeñeiros interesados en formar parte desa relación de profesionais teñen que inscribirse na Casa do Concello.
Dende o pasado venres ata o domingo estiveron os equipos das Escolas Lourenzá Mondoñedo (Benxamín, Alevín, Infantil A, Infantil B e Cadete) disputando o prestixioso Torneo Internacional de Luarca de fútbol sala base.
Os alevíns e infantís chegarían a disputar a gran final, mentres que os benxamíns, infantil a e cadete caían na fase de grupos.