2.751 PEREGRINOS PASARON POR LOURENZÁ DO 1 DE XANEIRO AO 30 DE SETEMBRO DESTE ANO. A ALCALDESA DESTACA A IMPORTANCIA DO CAMIÑO DE SANTIAGO PARA A ECONOMÍA DO CONCELLO
Lourenzá, 8 de outubro de 2013. Dende o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro deste ano 2013 pasaron por Lourenzá 2.751 peregrinos. Este dato foi dado a coñecer hoxe pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen destaca a importancia que ten o Camiño de Santiago para a economía do concello.