O CONCELLO CONVOCA O TRADICIONAL CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, QUE NESTA OCASIÓN ESTÁ DEDICADO A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
O Concello de Lourenzá convoca o concurso de postais Nadal 2022, dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do concello. O tema do concurso é O Nadal de Don Paco, en referencia ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas.