REPRESENTANTES DA MESA COORDINADORA DON PACO, QUE PREPARA ACTIVIDADES PARA HONRAR A FERNANDÉZ DEL RIEGO EN 2023, REUNÍRONSE CON RESPONSABLES DA XUNTA DE GALICIA, DA DEPUTACIÓN DE LUGO E DA FUNDACIÓN PENZOL.

Lourenzá, 3 de novembro de 2022. Representantes da Mesa Coordinadora Don Paco, constituída en Lourenzá para organizar actividades na honra de Francisco Fernández del Riego no vindeiro ano 2023, mantiveron reunións con responsables da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e da Fundación Penzol.

“Dentro do marco previsto pola Mesa Coordinadora Don Paco, de Lourenzá, na elaboración de actos e actividades a realizar para honrar a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor laurentino ao que se lle dedicarán as Letras Galegas o próximo ano 2023, no pasado mes de outubro mantivéronse contactos con distintas institucións e organismos públicos: O día 18 Rocío López, Isabel Vilalba e María Áurea Vázquez desprazáronse a Lugo para entrevistarte coa vicepresidenta de Deputación Provincial, Tareixa Antía Ferreiro Tallón; en Vigo o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga Pereira, e outros padroeiros recibiron o día 27 a Xosé Luís Fernández de Xosé López; e o pasado día 31 foron Rocío López, Javier Rodríguez e Manuel Román os que se entrevistaron en Santiago de Compostela co director xeral de Política Lingüística, Valentín García, e co director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo”, explica a Mesa Coordinadora Don Paco, que tamén anuncia que “en próximas datas estes contactos seguirán o seu curso co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, e co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes”.