Novas

CARMEN LÓPEZ DINIZ, 21ª CLASIFICADA NO CTO. GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS XUVENIL

Fenomenal actuación da atleta de primeiro ano xuvenil Carmen López Diniz no Cto. Galego de Campo a Través Xuvenil disputado o pasado domingo en Friol. Con un tempo de 19 minutos, entrou na posición 21ª sendo atleta de primeiro ano.

Ademáis, o día anterior (sábado) Carmen L. Diniz e Arabela Martínez subían ó podium na popular de Rábade ó rematar en 2ª e 3ª posición respectivamente na categoría xuvenil.

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UNHA CONFERENCIA PARA DAR A COÑECER O TRABALLO DAS FORZAS ARMADAS

A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do Concello.

CRONICA DE III TRAIL AFUEGA´L PITU (SUBIDA AL MONSACRO)

Onte domingo a expedición do clube de Atletismo Lourenzá formada por Martín Pardiñas, Rubén Méndez, Marcos Rguez., Marisa Ares e Loli Piñeiro desprazouse ata Foz de Morcín en Asturias, para participar no III Trail Afuega´l pitu (Subida al Monsacro). Esta dura proba contaba cunha distancia de 10km e 1.500m de desnivel.