A BIBLIOTECA MUNICIPAL JUANA DE IBARBOUROU ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS DA FASE LOCAL DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL

A biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, acolleu a entrega de premios da fase local do certame de poesía de Nadal.

Os seis nenos e nenas galardoados recolleron os seus premios e diplomas e tiveron a oportunidade de ler os seus traballos diante do público presente no acto. Asistiron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez; a concelleira de Educación e presidenta do xurado, Lupe Flórez; a bibliotecaria e secretaria do xurado, María José López; e a educadora familiar e tamén membro do xurado, Dolores Villasuso. Tamén formou parte do xurado a traballadora social María José García, pero non puido asistir á entrega de premios por motivos laborais.

Lupe Flórez dálle os parabéns a tódolos premiados e deséxalles sorte na súa participación na fase provincial do certame.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL JUANA DE IBARBOUROU ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS DA FASE LOCAL DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL