O CONCELLO DE LOURENZÁ DECIDIU SUSPENDER A XXX EDICIÓN DA FESTA DA FABA, PREVISTA PARA A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE OUTUBRO
Nunha reunión celebrada este pasado xoves, na que participaron a alcaldesa, Rocío López, membros do equipo de goberno e representantes dos fabeiros de Lourenzá, acordouse suspender a XXX Festa da Faba, que se ía celebrar na primeira fin de semana de outubro.