Continúan abertos os prazos para participar no concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba e no certame Arte con fabas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, lembra hoxe, mércores, que “segue aberto o prazo para participar no concurso para elixir o Cartel anunciador da XXX Festa da Faba de Lourenzá. Poden participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen e o prazo remata o 30 de xuño. O premio que recibirá o cartel gañador será de 350 euros e un trofeo conmemorativo da edición da festa deste ano. As bases aparecen recollidas tanto na páxina web como no facebook do Concello de Lourenzá”.
Arango recorda tamén que “o concurso Arte con fabas, convocado pola ACIAL coa colaboración do Concello tamén está aberto, ata que remate o estado de alarma e se dea a coñecer o prazo para entregar os traballos na biblioteca do Concello. As bases aparecen na web e no facebook do Concello e no facebook da ACIAL”.