Novas

O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET. SERÁ O 24 DE FEBREIRO, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE

O salón de actos da Casa do Concello acollerá este martes, 24 de febreiro, ás 20:30 horas unha charla informativa sobre os perigos de internet e como navegar seguros pola rede. Será pronunciada polo dinamizador TIC Javier Reigosa.

A rexedora anunciou que “dentro do ciclo de charlas que organiza o Concello todos os meses teremos unha conferencia ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Concello. Leva por título Perigos de internet: “Navega segur@” e o poñente será Javier Reigosa, dinamizador TIC”.

OS ATLETAS DAS ESCOLAS VOLVEN A TRIUNFAR UNHA SEMANA DESPOIS NO CTO. GALEGO. SÁBADO 21 DE FEBREIRO

RESULTADOS

Infantil Feminino:

Fenomenal actuación de Ainara Rguez e Ana Vallines que lograron estar entre as 4 primeiras ata o desenlace da proba. Ainara, Bronce con un tempo de 9:22 a 7 segundos da cabeza; e Ana 4ª de Galicia a 9 segundos das primeiras.

Ademáis, o EQUIPO ALEVÍN MASCULINO deparou a sorpresa da xornada ó convertirse en SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS coa gran clasificación dos seus compoñentes: