Novas

O PRESUPOSTO MUNICIPAL PARA 2014 SOMETERASE A APROBACIÓN NO PLENO DA CORPORACIÓN QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 30. O PROXECTO QUE PRESENTA O GOBERNO LOCAL ASCENDE A 1.690.000 EUROS, QUE SON 10.000 MENOS QUE NO DESTE ANO

Lourenzá, 27 de decembro de 2013. O presuposto do Concello de Lourenzá para 2014 someterase a aprobación no pleno da corporación municipal que se celebrará o vindeiro luns, día 30. O proxecto que presenta o goberno local ascende a 1.690.000 euros, que son 10.000 menos que no deste ano.

PAPÁ NOEL VISITOU O CENTRO DE DÍA PARA MAIORES, O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA E A CASA DO CONCELLO. O 5 DE XANEIRO TERÁ LUGAR A CABALGATA DOS REIS MAGOS E O ESTREO DO GRUPO DE TEATRO INFANTIL

Lourenzá, 26 de decembro de 2013. Papá Noel estivo en Lourenzá nun percorrido organizado polo Concello e visitou o centro de día para maiores, o punto de atención á infancia Meniños e a Casa do Concello. As actividades da programación de Nadal rematarán o día 5 de xaneiro, domingo, coa cabalgata dos Reis Magos e o estreo do grupo de teatro infantil.