A pesar do mal tempo unha vintena de persoas participaron hoxe na xornada de limpeza dos ríos en Lourenzá, actividade incluída na Semana do Medio Ambiente
Lourenzá, 1 de xuño de 2013. A pesar das adversas condicións meteorolóxicas unha vintena de persoas participaron hoxe na xornada de limpeza dos ríos en Lourenzá, actividade organizada dentro da Semana do Medio Ambiente polo Concello e a Xunta de Galicia co patrocinio da Fundación La Caixa.