Lourenzá, 30 de maio de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo público un bando para anunciar a campaña de vacinación antirrábica e desparasitación de cans que se levará a cabo nas catro parroquias do concello no vindeiro mes de xuño.
Na parroquia de Santa María será o día 18, martes; a San Xurxo correspóndelle o 19, mércores; na de Santo Tomé levarase a cabo o 20, xoves; e na de Santo Adrao farase o 24, luns.
A campaña será realizada polas veterinarias Mari Sol Carreira Castro e Silvia Roca Castro.