Novas

O CONCELLO ORGANIZA ACTIVIDADES DE XIMNASIA DE MANTEMENTO EN SAN ADRIANO, SANTO TOMÉ E NO PAVILLÓN DE VILANOVA A PARTIR DO DÍA 13 DESTE MES

O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 13 de outubro e desenvolverase ata decembro.

A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 13 de outubro comezarán as actividades, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Serán totalmente gratuítas, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.