OS TRES GRUPOS DA CORPORACIÓN DE LOURENZÁ SOLICITAN DA REAL ACADEMIA GALEGA QUE SE DEDIQUE A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO PRÓXIMO ANO
Os tres grupos políticos que conforman a corporación municipal de Lourenzá (PSOE, PP e BNG) presentan ao pleno que se celebrará o vindeiro luns, 31 de maio, unha moción conxunta na que lle solicitan á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas do próximo ano se lle dedique ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego. Ao mesmo tempo dirixiranse aos demais concellos da Mariña, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo e á Fundación Penzol para que apoien esta iniciativa.