O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE POESÍA CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Lourenzá, 6 de abril de 2021. O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo do Día das Letras Galegas.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este concurso está dirixido a persoas de todas as idades, divididas en tres categorías: ata 9 anos, de 9 a 14 anos e máis de 14 anos. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e unha figura institucional”.

Manuel Arango engade que “o prazo de entrega dos traballos, que deben presentarse na biblioteca municipal, remata o 14 de maio. As bases do concurso aparecen colgadas na páxina web do Concello”.

Descargar bases (PDF)