Novas

A CONCELLERÍA DE CULTURA CONVOCA O II CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO, QUE INCLÚE NOVIDADES NOS PREMIOS

A Concellería de Cultura convoca a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que inclúe novidades nos premios.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “as bases están publicadas na páxina web do Concello e o prazo para que as compañías se inscriban remata o 28 de setembro. As representacións desenvolveranse durante o mes de novembro e o certame rematará cunha gala de entrega de premios que terá lugar en decembro”.

O CONCELLO DE LOURENZÁ OFRECEU HOXE UNHA RECEPCIÓN ÁS PRESIDENTAS DAS ASOCIACIÓNS HIJOS DE LORENZANA EN CUBA E BOS AIRES

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, recibiron este mediodía na Casa do Concello ás presidentas das sociedades Hijos de Lorenzana en Cuba e Bos Aires, María Isabel Iglesias Llano e Josefina Rodríguez Rodríguez, respectivamente. A rexedora transmitiulles o seu agradecemento polo traballo constante e a colaboración que desde sempre tiveron por e para o municipio. Rocío López subliñou que o motivo deste acto é seguir mantendo vivos os vínculos entre Lourenzá, Cuba e Arxentina.

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A SEGUNDA FESTA CAMPESIÑA, EVENTO QUE ORGANIZA O CONCELLO E NO QUE COLABORAN ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO E A DEPUTACIÓN

O pazo de Tovar acollerá este sábado, día 14, a partir das 17:30 horas a segunda edición da Festa Campesiña, evento que organiza o Concello de Lourenzá e no que colaboran varias asociacións do municipio e a Deputación Provincial de Lugo. O cartel do festexo foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra.