Novas

Novas do Concello

A REPRESENTACIÓN TEATRAL DE ONTE ABARROTOU O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO, QUE ESTE VINDEIRO DOMINGO ACOLLERÁ A ÚLTIMA OBRA DO CICLO FEBREIRO TEATREIRO. CORRERÁ A CARGO DA COMPAÑÍA O BATÁN, DE CANGAS DE FOZ

Lourenzá, 17 de febreiro de 2014. A representación teatral a cargo de Trípode abarrotou onte, domingo, o salón de actos do Concello de Lourenzá, que este vindeiro domingo, día 23, ás sete da tarde acollerá a última obra do ciclo Febreiro teatreiro. A compañía O Batán, de Cangas de Foz, ofrecerá a obra Cambadelas. O prezo da entrada é de un euro.

O DESFILE DO DOMINGO DE PIÑATA ORGANIZADO POLA ACIAL E O CONCELLO CAMBIARÁ O SENTIDO DO PERCORRIDO E REPARTIRÁ 4.675 EUROS EN PREMIOS. PARA PARTICIPAR É PRECISO INSCRIBIRSE NO RECINTO FEIRAL DE 12 A 15 HORAS DO DÍA 9 DE MARZO E COMEZARÁ ÁS 4 DA TARDE

Lourenzá, 14 de febreiro de 2014. O desfile do Domingo de Piñata, que é o acto principal do Entroido de Lourenzá, cambiará o sentido do percorrido aínda que irá polas mesmas rúas que en anos anteriores. Repartiranse 4.675 euros entre todos os premios que se entregarán. Celebrarase o domingo 9 de marzo e da organización encárgase a asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello, que presentaron os actos hoxe.

MÁIS DE 40 PERSOAS PARTICIPARON NA CHARLA CELEBRADA HOXE, XOVES, NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE LOURENZÁ DENTRO DA CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE ATROPELOS A PEÓNS

Máis de 40 persoas participaron na charla celebrada hoxe, xoves, no salón de actos do Concello de Lourenzá dentro da campaña de prevención de atropelos a peóns. Correu a cargo de efectivos da Garda Civil, que explicaron as pautas para pasear coas axeitadas medidas de visibilidade e seguridade, co fin de evitar atropelos nos distintos tipos de estradas.

A SECCIÓN DE ATLETISMO DAS E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO VOLVE A TRIUNFAR NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.

No día de onte en Villalba a sección de atletismo volveu a ser protagonista positiva obtendo unhos novos resultados históricos que xa non sorprenden pero sí seguen alegrando.

Categoría benxamín feminino:

O equipo formado por Valeria, Diana, Carmen, Antía, María e Aldara proclamouse campión provincial ¡!!

Categoría benxamín masculino:

O equipo formado por Fernando, Manuel, Ian, Brais e David proclamouse Subcampión provincial.

Categoria alevín feminino:

O equipo formado por Ainara, Ana, Hiba, Ainhoa, Carme e Marta; subcampionas provinciais.

A ALCALDESA CONSIDERA UN ÉXITO A PARTICIPACIÓN NO MACROENTROIDO CELEBRADO ONTE EN SANTIAGO, A PESAR DO MAL TEMPO. EMMA ÁLVAREZ DESTACOU A ACEPTACIÓN QUE TIVERON OS MAZAPÁNS DE LOURENZÁ

Lourenzá, 10 de febreiro de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo hoxe unha valoración positiva da participación do concello no Macroentroido celebrado onte en Santiago de Compostela a pesar do mal tempo. A rexedora destacou o éxito que acadou o doce típico do Antroido no municipio, que é coñecido como mazapán.

O DESFILE DO DOMINGO DE PIÑATA E UN DOCE TÍPICO DO CARNAVAL EN LOURENZÁ CHAMADO MAZAPÁNS SERÁN DADOS A COÑECER NO MACROENTROIDO DE GALICIA QUE SE CELEBRARÁ ESTE DOMINGO EN SANTIAGO. O MUNICIPIO LAURENTINO É O ÚNICO DA MARIÑA QUE PARTICIPARÁ NESE EVENTO

Lourenzá, 7 de febreiro de 2014. O desfile do Domingo de Piñata e un doce típico do Carnaval no municipio de Lourenzá chamado mazapáns serán dados a coñecer no Macroentroido de Galicia que se celebrará este domingo, día 9, en Santiago de Compostela. O municipio laurentino é o único da Mariña que participará nese evento, no que estarán tamén os Entroidos da Ulla, Cobres, Pobra do Brollón, Chantada, Xinzo de Limia, Manzaneda, Maceda e de Portas de Galicia.

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE FELICITOU AO CONCELLO POLO SEU TRABALLO NA PROMOCIÓN DO DEPORTE E FOMENTO DA VIDA SA. JOSÉ RAMÓN LETE LASA E MANUEL OTERO REUNÍRONSE COA ALCALDESA, EMMA ÁLVAREZ, E CO CONCELLEIRO PABLO MASEDA

Lourenzá, 6 de febreiro de 2014. O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, estivo hoxe en Lourenzá e felicitou ao Concello polo seu traballo na promoción do deporte e no fomento da vida sa. Lete Lasa, que estivo acompañado polo responsable provincial do departamento autonómico de Deportes, Manuel Otero Cadramón, reuniuse coa alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e co concelleiro de Deportes, Pablo Maseda.

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN DE ATROPELOS A PEÓNS O VINDEIRO XOVES, DÍA 13. OS ASISTENTES RECIBIRÁN DE AGASALLO UN CHALECO REFLECTANTE

Lourenzá, 6 de febreiro de 2014. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre a prevención de atropelos a peóns o vindeiro xoves, día 13, ás once e media da mañá. Os asistentes recibirán de agasallo un chaleco reflectante.

No acto daranse pautas para pasear coas axeitadas medidas de visibilidade e seguridade co fin de evitar atropelos nos distintos tipos de vías.

A charla está organizada pola Dirección General de Tráfico do Ministerio del Interior, pola Guardia Civil de Tráfico e polo Concello de Lourenzá.

Distribuir contenido