LA ALCALDESA CONSIDERA UNA FALTA DE RESPETO AL AYUNTAMIENTO QUE NO FUERA INVITADA A LA VISITA QUE HIZO HOY AL CEIP JUAN REY EL DIPUTADO PROVINCIAL SOCIALISTA ALFREDO LLANO PARA VER UNA OBRA CUYO PROYECTO Y DIRECCIÓN CORRIÓ A CARGO DEL CONCELLO

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, Chao, considera unha falta de respecto ao Concello que non fora invitada á visita que fixo hoxe ao CEIP Juan Rey o deputado provincial socialista Alfredo Llano para ver unha obra cuxo proxecto e dirección correu a cargo do Concello.
“Paréceme unha falta de respecto moi grave que veña un deputado provincial ao concello de Lourenzá, concretamente a un inmoble municipal no que está facendo o mantemento o Concello, e non se dignen a invitar á alcaldesa a acompañalo nesa visita”, manifestou a rexedora municipal, quen lembrou que “a todos cantos actos fai o Concello, a cantas visitas institucionais houbo no concello dende que eu son alcaldesa foron invitados os concelleiros da oposición como membros da corporación, por exemplo á visita do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, ao encoro ou á do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, ao pazo de Tovar. Así que con máis dereito eu debería estar nesa visita ao colexio”.
Emma Álvarez engadiu: “non me parece xusto que a directiva da asociación de nais e pais faga política, se preste a dicir que a Xunta non lles axudou e acompañen a un deputado provincial socialista pero se esquezan de mencionar que quen fixo o proxecto e quen levou a dirección de obra foi o Concello de Lourenzá”.
A alcaldesa tamén aclarou que “non me consta que lle solicitaran esa obra á Xunta de Galicia, administración á que si lle pediron baños e un ascensor para discapacitados, actuacións que xa están feitas”.