EL RECINTO FERIAL ACOGERÁ LA PRIMERA FIESTA DEDICADA A LAS FABAS DE LOURENZÁ CON CALLOS EL 17 DE ESTE MES, DÍA DE JUEVES SANTO. ESTÁ ORGANIZADA POR LA COMISIÓN DE FIESTAS DE SANTA CRUZ Y FUE PRESENTADA HOY EN EL AYUNTAMIENTO

O recinto feiral de Vilanova acollerá a primeira festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos o día 17 deste mes de abril, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz e foi presentado hoxe na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda; e José Cuadrado, como representante do colectivo organizador.
A rexedora municipal explicou que “o Concello considera importante colaborar con esta festa posto que se recupera un prato típico do noso concello e trátase de buscar unha diferenciación para a nosa faba de Lourenzá. Esperemos que se sumen establecementos da vila e que nun futuro inclúan dentro dos seus menús esta modalidade de comer as fabas, unha forma diferente, para que a xente que veña a Lourenzá a comer fabas poida probar distintas formas de cociñalas e, a poder ser, que unha delas sexa este prato que foi típico do noso concello en anos pasados, como son os callos con fabas”.
Emma Álvarez engadiu que “o prezo desta degustación será de 12 euros por persoa se se compra o tícket de xeito anticipado nos distintos locais comerciais da vila ou incluso reservándoos nos teléfonos 636.67.95.12 ou 663.72.61.18; e senón tamén se poderá comprar en taquilla por 15 euros. Neste prezo inclúese unha ración de fabas de Lourenzá con callos, outra de xamón galego ao corte, churrasco, criollo, postre, pan e bebida. Ao final haberá un gran queimada co seu correspondente conxuro e tamén teremos unha discoteca móbil, Cocoloko, que pode dar algunha sorpresa aos que asistan a este evento. Ademais, coincidindo co torneo Lourenzá en Xogo de baloncesto feminino as xogadoras estarán presentes nesta primeira festa das fabas de Lourenzá con callos. Consideramos importante dende o Concello e dende as escolas deportivas que estas rapazas que veñen a Lourenzá proben as nosas fabas e que sirvan como embaixadoras deste produto fóra de Galicia. Ademais, nesta festa haberá unha zona habilitada para que os nenos máis pequenos poidan xogar e divertirse e os seus pais poidan disfrutar deste día de festa en Lourenzá”.
A alcaldesa rematou comentando que “dende o Concello sumámonos ao desexo que ten a organización e animamos a todo o mundo a que participe neste evento, posto que consideramos que pode marcar tendencia. Agardamos que os establecementos da vila tomen nota e teñan un prato diferente nos seus menús para aquelas persoas que veñan de fóra a comer fabas a Lourenzá”.